Están xa operativos subtítulos en galego para esta interesante charla en ted.com. Volvemos outra vez ao traballo despois dunha longa pausa.
Máis da metade da poboación mundial xa vive en cidades e outros 2.500 millóns de persoas pretenden facelo ata o 2050. A forma en que construamos as novas cidades será clave para afrontar o cambio climático, a necesaria vitalidade económica para o noso benestar e obter unha sensación de conexión entre os habitantes. Peter Calthorpe xa está traballando en planificar as cidades do futuro, propoñendo un deseño comunitario centrado na interacción humana. Comparte connosco sete principios universais para resolvermos a expansión e construírmos cidades máis intelixentes e máis sostibles.
Deixar un comentario