A nosa preferencia é subtitular aquelas charlas de Ted.com máis interesantes e moi particularmente todas aquelas que teñen que ver directa ou indirectamente coa linguaxe. É marabilloso cando estudas outra lingua que non é a túa descubrir ocmo hai palabras para describir estados de ánimo ou sensacións para as que non existen equivalentes na túa lingua materna e viceversa. Descubrimos así que como sociedade pasamos por alto unhas cousas e valoramos outras.
Archive for Febreiro 2019
As palabras que expresan as nosas emocións máis ocultas
Posted in inicio, lingua galega, videos on 20 Febreiro 2019| Leave a Comment »
7 claves para construírmos mellores cidades
Posted in inicio, tecnoloxía, videos on 20 Febreiro 2019| Leave a Comment »
Están xa operativos subtítulos en galego para esta interesante charla en ted.com. Volvemos outra vez ao traballo despois dunha longa pausa.
Máis da metade da poboación mundial xa vive en cidades e outros 2.500 millóns de persoas pretenden facelo ata o 2050. A forma en que construamos as novas cidades será clave para afrontar o cambio climático, a necesaria vitalidade económica para o noso benestar e obter unha sensación de conexión entre os habitantes. Peter Calthorpe xa está traballando en planificar as cidades do futuro, propoñendo un deseño comunitario centrado na interacción humana. Comparte connosco sete principios universais para resolvermos a expansión e construírmos cidades máis intelixentes e máis sostibles.