Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘tecnoloxía’ Category

Compartimos imaxes de varios dos proxectos presentados este ano. Non están todos. Deixamos fóra por fatal despiste os traballos do Obradoiro de Reciclaxe e o expositor de Xogos Cooperativos. Na web do centro hai fotos para os máis curiosos. Este ano tivemos a visita de moitos pais e todos ficaron con moitas arelas de para o ano que vén moito máis e mellor porque para nosoutros si é posíbel.

Read Full Post »

Velaquí só unha pequena mostra dos proxectos feitos ao longo do curso polo alumnado de Tecnoloxía do Ies de Beade.

Read Full Post »

Durante unha clase de Tecnoloxía un grupo de alumnas: Sofía Abalo, Tamara Alfaya, Carla Alonso e Patricia Leirós puxeron en práctica os coñecementos aprendidos. O proxecto consiste en iluminar unha pequena maqueta coa axuda dun panel solar. É costume que non aparezan as caras do noso alumnado nas reportaxes. Pode resultar raro mais preferímolo así. Parabéns.

Read Full Post »

Son aínda poucos os Institutos que conten cunha parella de amigos coma estes.  Se aínda non volos presentaron  son os Mindstorm de Lego e aquí tedes unha pequena demostración do que son capaces de facer despois de programalos.  Xa levan un par de anos connosco e era hora de presentalos en sociedade.  Durante o pasado curso alumnado de 4º da ESO montaron e programaron os ollos de Lego Mindstorm para circular por unha liña. As aplicacións prácticas desta experiencia son infinitas.

Aquí se cadra son aínda pouco populares pero son moitas as facultades de enxeñaría que os utilizan nas súas prácticas de robótica. Youtube está inzado de vídeos que amosan as inacabábeis posibilidades destes robots.  Poderedes ver un dos nosos preferidos aquí. Se tedes uns minutos non deixedes de velo. Toda unha fábrica de coches feita con robots de Lego; cunha versión máis primitiva así que imaxinade o que poden facer os nosos.

Read Full Post »

Velaquí a construción dun circuíto que simula unha máquina con arranque de seguridade para previr accidentes. O técnico ten que premer á vez dous botóns. En caso de que accidentalmente prema un a máquina non moverá o pistón que pode ser en realidade unha perigosa prensa ou troquel.

Read Full Post »