Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Maio 2010

Subimos unha das pezas máis emotivas do concerto, a titulada: lonxe da terriña de Xoán Montes. Este compositor galego do século XIX é autor de obras tan celebradas como: Alborada galega e a música do poema rosaliano Negra Sombra. Anxo Pintos deleitounos con esta melodía e outras coa intención de ilustrar as etapas en que a zanfona foi instrumento de prestixio desde a Idade Media até a actualidade. O noso invitado é un dos fundadores de Berrogüetto, un dos grupos galegos de maior proxección e recoñecemento internacional e forma parte do trío Lizgairo. Compaxina a súa carreira artística coa docente porque cando non está compoñendo ou tocando dá clases de zanfona na E-Trad (Escola de Música Tradicional dentro da Escola de Artes e Oficios de Vigo)

Advertisements

Read Full Post »

A continuación compartimos unha das moitas prácticas feitas ao longo do curso, neste caso, no laboratorio de física e química. Se mirades o video colgado máis abaixo seguiredes o método para  comprobarmos a correcta medición en dioptrías dunha lente.

A música que acompaña o video é un arranxo que o grupo Muxicas (veciños das parroquias lindantes co Instituto) fixeron dun fragmento de zarzuela composta polo músico clásico galego Ángel Rodulfo. O piano é interpretado por Diego García actualmente director de orquestra en Londres (www.diegogr.com/) e a gaita por Magoia Bodega actualmente solista en Treixadura (www.treixadura.com/)

Read Full Post »

O Obradoiro de video do Ies Beade ofrécevos unha pequena mostra do que foi o encontro entre os futuros regueifeiros da bisbarra de Vigo. Logo de recibiren clases de Luís Caruncho e Pinto de Herbón algúns alumnos de distintos institutos de Vigo (o noso foi un deles) foron invitados a regueifar. Unha actividade organizada polo Servizo de Normalización Lingüísica do Concello de Vigo. Os organizadores ficaron sorprendidos da habilidade coa que moitos dos rapaces e rapazas improvisaban as súas coplas rimadas en galego. Houbo risas e moito orgullo entre o patio de butacas ao veren os representantes da cada instituto regueifar con moita soltura. Longa vida á Regueifa.

Read Full Post »