Celso Sanmartín é transmisor de historias. Dise que do seu contacto con moita xente maior logrou atesourar ducias de pequenas experiencias vitais. Grazas ás súas dotes de comunicación esas historias non fican presas nun libro senón que reviven cada vez que as conta. Só, como é o noso costume, compartimos un fragmento da súa actuación. Non queremos abusar da súa xenerosidade. Sabemos que despois de escoitar esta historia haberá fame de máis.
Archive for Outubro 2014
Celso Sanmartín tamén colaborou na celebración do 25º aniversario
Posted in lingua galega on 14 Outubro 2014| Leave a Comment »
Alfonso Davila e Jaime Vilas no 25º aniversario do Ies de Beade
Posted in música, videos on 14 Outubro 2014| Leave a Comment »
Alfonso Davila foi alumno do noso instituto. Sempre xeneroso non puxo dificultades para acudir á celebración do aniversario. Durante o seu derradeiro ano no centro a piques estivemos de velo compartir escenario con Sonia Lebedynski. Non puido ser porque a cantante tivo a última hora un compromiso e tivemos que suspender o acto. Esta vez falamos con Jaime Vilas para un dúo e velaquí tedes o resultado.
Alfonso logo de acabar os seus estudo no noso instituto logrou ser o primeiro invidente Técnico de Son de toda Europa