Este vídeo foi feito, creo que no ano 2002, por un grupo de alumnas e un alumno do Ies de Beade. Aproveitamos unha serie de anuncios da tele para ilustrar os clichés tradicionais que sobre a muller veñen habendo e tamén a emerxencia dunha visión máis adaptada a, como mínimo, o que entendemos hoxe por politicamente correcto.
A primeira metade é unha exposición sobre o nacemento do feminismo, a muller en Galicia e tres breves entrevistas a unha avoa, nai e filla. A segunda metade está centrada na análise do uso da muller na publicidade.
Esperamos que vos sexa de proveito. Xa ten uns anos pero sabemos que foi utilizado en máis dunha ocasión ante un público feminino e tamén feminista cunha boa recepción.
Archive for Febreiro 2015
documental sobre o feminismo e a muller na publicidade
Posted in inicio, lingua galega, videos on 25 Febreiro 2015| Leave a Comment »