Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Febreiro 2011

Luís Caruncho e Pinto d’Herbón, sen discusión, dous dos mellores improvisadores na regueifa, viñeron até o noso Instituto para lle dar ao noso alumnado as claves necesarias para construíren versos octosílabos con rima asoante nos pares. Tras unha primeira clase de dúas horas os participantes foron os primeiros asombrados ao escoitárense improvisando con soltura e inxenio. Eles, os profesores, están afeitos a descubrir esta habilidade en moitos alumnos ao longo de todo o País. Deixámosvos unha mostra desta primeira sesión do curso onde Luís Caruncho explica cantando a diversidade de improvisadores en verso no Estado Español.

 

Advertisements

Read Full Post »

O grupo do Instituto de Beade  que traballa na edición de audio acaba de presentar unha nova versión en galego para navegar co Tom tom. Até agora existía unha pero xa non está compartida na páxina oficial do famoso frabricante.  Como nos atravemos con todo decidimos probar e tivemos éxito. Irene Luaces prestounos a súa voz e os demais fixemos o necesario coas máquinas para que agora os galegos poidamos entendernos co Tom tom.

Buscade proxecto tom tom na seguinte ligazón que é a páxina web do noso instituto. Alí atoparedes os arquivos e as instrucións para a súa correcta instalación.

http://centros.edu.xunta.es/iesbeade/

 

Read Full Post »

En lembranza da Shoáh

Francis Papiernik é  filla de Micheline Wolanowsky, quen perdeu a toda a súa familia en Auschwitz, e Charles Papiernik,  sobrevivinte do mesmo Campo de Concentración. Recentemente  contou ao noso alumnado a experiencia dos seus pais.  Despois da charla para o alumnado do instituto respondeu a algunhas preguntas do noso equipo de redación.

Read Full Post »