Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Xaneiro 2013

O venres antes das vacacións de Nadal festexamos a xubilación dos profesores Isabel López e Xosé Bugallo. O noso salón de actos estaba cheo do alumnado acompañando a estes profesores e atentos á representación teatral de Hamster, escrita por Santiago Cortegoso e representada por Alba Bermúdez e David Novas. O equipo de edición de vídeo do ies Beade non desaproveitou a ocasión de entrevistalos. Os actores foron moi amábeis durante a entrevista e os entrevistados se sentiron tan cómodos que tivemos que cortar bastantes minutos para lle dar un formato de apenas 15 minutos. Os actores déronnos permiso para incluír algunhas imaxes da obra para desde aquí darlle un pouco de publicidade.

Advertisements

Read Full Post »