Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Marzo 2019

Todos somos conscientes da importancia da educación e procuramos poñer medios materiais e humanos para que todo o mundo teña a oportunidade de acceder a ela.

Aspiramos ao máximo e sempre nos preocupa o fracaso escolar. Son moitos os expertos que traballan para evitalo e son moitas as razóns que o causan. Este vídeo explora algunhas como a falta de autoridade do profesorado, a sobreprotección paterna, as políticas educativas… Mírao e opina.

Moi importante, para poñerdes os subtítulos en galego tedes que premer na rodiña de configuración que aparecerá na esquina inferior dereita da pantalla onde se proxecta a curta. Dentro de subtítulos aparecerá a opción de galego por orde alfabética, despois premede esta vez en subtítulos.

Read Full Post »

Unha tradución máis. Non hai receita milagreiras para aprender unha lingua. É o empeño de moita xente e a todos ou a case todos nos supón un enorme esforzo. Nesta charla Lýdia Machová dános a súa opinión de como ter éxito.

A ver se hai sorte e seguindo os seus consellos moitos galegos aprenden por fin a falar o que para moitos deles é a lingua máis difícil do mundo: a galega.

Read Full Post »

Seguimos traducindo charlas interesantes de TED.COM coa intención de divulgalas e ampliar o material en galego para o seu uso nas aulas en distintas materias. Esta charla ten uso en Economía, Antropoloxía e Bioloxía como mínimo. Un grupo de xente mellora a súa situación económica poñendo en valor unha pranta silvestre.

 

Read Full Post »