Un ano máis, e xa van dous ou tres, os profesores da Escola de Música Tradicional de Vigo ofrecéronnos nun concerto didáctico a posibilidade non só de coñecer os principais instrumentos da nosa música tradicional senón que ademais uns cantos alumnos privilexiados puideron tocalos e facer música cos profesores. Algúns dos profesores son:
- Rodrigo Romaní, actual director da E-Trad e profesor de harpa céltica. Membro histórico de Milladoiro hoxe dirixe Sondeseu, despois dunha breve carreira en solitario hoxe colabora con Lizgairo e produce a outros músicos.
- Anxo Pintos, profesor na E-Trad de zanfona. Multi-instrumentista fundador de Mattocongrio xunto a Carlos Núñez e hoxe membro de Berrogüetto, un dos nosos grupos musiciais máis internacionais.
- Xaquín Xesteira (Xocas), profesor na E-Trad de gaita e gaiteiro de Treixadura.
- Javier Feixoo (Chisco), profesor na E-Trad de canto e de baile galego na Asociación Cultural O Fiadeiro.
- Alfonso Franco, profesor na E-Trad de violín e responsábel das cordas na Orquestra Sondeseu. Tocou para Milladoiro, Emilio Cao e Lizgairo entre outros.
- Carlos Quintá, profesor na E-trad de acordeón diatónico e músico da murga Linho do Cuco.
Un orgullo e un inmenso pracer.