Compartimos imaxes de varios dos proxectos presentados este ano. Non están todos. Deixamos fóra por fatal despiste os traballos do Obradoiro de Reciclaxe e o expositor de Xogos Cooperativos. Na web do centro hai fotos para os máis curiosos. Este ano tivemos a visita de moitos pais e todos ficaron con moitas arelas de para o ano que vén moito máis e mellor porque para nosoutros si é posíbel.
Archive for the ‘Club de Ciencias’ Category
Feira de Proxectos 2016
Posted in Club de Ciencias, inicio, tecnoloxía, videos on 30 Maio 2016| Leave a Comment »
Teñen os animais comportamento moral?
Posted in Bioloxía, Club de Ciencias, inicio, videos on 22 Abril 2016| Leave a Comment »
Despois de moito tempo volvemos a publicar unha tradución en Ted.com. Ultimamente desde aquí andamos sen tempo e parece que a comunidade de tradutores é tan xigantesca que os administradores de Ted.com teñen cada vez máis dificultades para aprobar as traducións. Pasaron moitos meses mais cremos que compensou a espera porque esta disertación é interesantísima e nos descobre que os animais teñen máis sentidiño do que pensabamos.
Animamos desde aquí a que quen nos lea se anime a participar na comunidade de tradutores en galego. Paga a pena facer comprensíbeis estas conferencias e son un material moi valioso para as aulas.
Algunhas mostras do exposto polo Club de Ciencias do Ies de Beade
Posted in Club de Ciencias, videos on 7 Xuño 2015| Leave a Comment »
Hai tempo que non publicamos. Moitos compromisos e pouco tempo. Seguimos vivos e con ganas de seguir compartindo. Unha boa proba é esta pequena escolla dos moitos experimentos e traballos feitos ao longo do ano polo Club de Ciencias do Ies de Beade. O son non é moi bo porque era tanto o público e tanta a curiosidade que non foi posíbel conseguir o silencio necesario. Aínda así cremos que o resultado é moi aceptábel.
Unha mostra de como se utilizan os colorantes en alimentación
Un pouco de xabón
Proceso para a extracción do ADN dunha sandía
Podemos ter unha farmacia no balcón do noso piso.
O microtomo, ferramenta imprescindíbel para a observación co microscopio