Despois de moito tempo volvemos a publicar unha tradución en Ted.com. Ultimamente desde aquí andamos sen tempo e parece que a comunidade de tradutores é tan xigantesca que os administradores de Ted.com teñen cada vez máis dificultades para aprobar as traducións. Pasaron moitos meses mais cremos que compensou a espera porque esta disertación é interesantísima e nos descobre que os animais teñen máis sentidiño do que pensabamos.
Animamos desde aquí a que quen nos lea se anime a participar na comunidade de tradutores en galego. Paga a pena facer comprensíbeis estas conferencias e son un material moi valioso para as aulas.
Archive for Abril 2016
Teñen os animais comportamento moral?
Posted in Bioloxía, Club de Ciencias, inicio, videos on 22 Abril 2016| Leave a Comment »