Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Maio 2012

O ano pasado estreamos o que para algúns foi a nosa “opera prima”. Non tiñamos experiencia e atrevémonos. O resultado vístelo no salón de Actos Martín Códax do Ies Beade. Este ano propuxéronnos organizar un festival e aquí tedes o resultado: un feixe de curtas de excelente calidade feitas polo alumnado do Instituto. O ano que vén queremos máis. Se vos gusta o que vedes pensade en como será ver algo feito por vós e recibirdes os aplausos do público admirador.

Benvidos ao I Festival de Curtametraxes do Ies Beade.

AS CRÓNICAS DE LUÍS D.

  • Un superheroe disposto a destruír coas súas mans o planeta. É un vilán ou un superheroe? Se fose pola súa vestimenta diriamos que é un temíbel inimigo.

Reparto
Guión e Dirección: Luís Daniel

METAMORFOSE

  • Unha lección de botánica, unha lección maxistral de física, unha curta de animación feita con Stop Motion. Todo un alarde no dominio da animación en 2D.

Reparto
Guión e Dirección: Luís Daniel

A ARCA DE NOÉ

  • A precariedade laboral e as discusións sindicais xa existían en tempos bíblicos. Berea Rodríguez, a guionista desta curta, utiliza o dioivo universal para facer unha sátira sobre a explotación dos traballadores.

Reparto
Guión e Dirección: Berea Rodríguez
Deus: Gabriel Estévez
Noé: Marcos Oitabén
Narradora: Laura Rodríguez

UN SOÑO PARA ESPANTAR

  • Unha bruxa co poder de converter en espantallos unhas nenas adíctas ás redes sociais é incapaz de arranxar a súa vasoira voadora. Así arranca esta película coa que Luís D, o seu guionista, quere facernos reflexionar sobre cómo xogaban os nosos maiores e cómo xogan hoxe os máis cativos. Unha película protagonizada por un mundo de fantasía que se resiste a ser vencido pola imaxinación virtual dos modernos xogos tecnolóxicos. Mentres os que xogan correndo entre a natureza son recompensados descubrindo un mundo marabilloso outras, as nenas adictas ao móbil, son castigadas coa eterna inmobilidade.

Reparto

Dirección: Rocío Cruces
Guión e Trasno: Luis Daniel

MATAR A FICCIÓN DUN CAN

  • O Director e guionista desta película escolleu o branco e negro e a ausencia de palabras para transmitirnos do xeito máis acedo unha realidade estarrecedora. Un home séntese perdido despois de ser despedido do seu traballo. Cine documental, directo e na mellor tradición do cine negro.

Reparto

Guion, Dirección e Música: Víctor L.G.
Actor: Mario González

O Festival de Curtametraxes do Ies Beade está organizado por:

A Asociación de Nais e Pais do Ies Beade

O Obradoiro de Edición de Vídeo do Ies Beade

Normalización Lingüística do Ies Beade

Read Full Post »