Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Xuño 2010

Raúl Solla, alumno do instituto e figura-fichaxe do Obradoiro de Edición de Video do IES Beade, montou este video sobre fotos tiradas durante a viaxe de fin de curso a Italia. Excelente exemplo do que podemos chegar a facer desde a nosa casa cunha computadora. Sobran as palabras porque o vídeo ten unha excelente calidade e supoño que a todos vos inundan as lembranzas da convivencia. Nós non dicimos nada máis. Sería bonito que deixásedes os vosos comentarios porque moitas das fotos supoño que vos suxiren moitas emocións.

O Curso acabou. Subiremos ademais deste outro vídeo e até o curso que vén. Dádeme unha semaniña de descanso e subirei outra sorpresa. O ano que vén máis amigos! Grazas Raúl. Pasácheste, meu! O curso que vén seguimos contando contigo, eh? neno.

Read Full Post »

Como unha actividade máis para engancharnos á lectura este ano Carlos Cifuentes fixo coas fotos de todos os que participamos un retrato da Gioconda dun xeito moi orixinal. Clica no vídeo para descubrilo. Tamén poderás ver as reconstrucións dalgúns dos inventos máis singulares do xenio do Renacemento.

Read Full Post »

Unha moi breve reportaxe que amosa a exhibición das obras do alumnado de artesanía. Se as queredes ver con máis detalle achegádevos polo vestíbulo do instituto. Restauración de mobles, gravado de cristal, ilustración de vaixela e moito máis.

Read Full Post »