Velaquí unha mostra dos traballos feitos ao longo de diferentes cursos. Unha parte importante está feita coa colaboración do Departamento de Plástica do Instituto baixo o tema da Música no Cine. E como a cousa vai de música o equipo responsábel do Obradoiro de Edición de Vídeo sentiuse obrigado a poñer un fondo sonoro. Milladoiro ten feitas importantes composicións para bandas sonoras, Muxicas ou Berrogüetto pero todos estes son grupos xa moi coñecidos e recoñecidos, aínda que estes dous últimos xa non están xuntos. Houbo unha unanimidade en que, xa que este blog cada vez ten máis seguidores e repercusión, estaría ben utilizar esta oportunidade para promocionarmos unha banda moi pouco coñecida pero fundamental na Historia do Rock Galego: Zënzar.
Non se senten cómodos clasificados dentro do Rock Bravú porque xa existían antes. Din que facían Rock Pelouro. Escollemos este tema “caneando ruainas” pola súa calidade e orixinalidade. Está cantado en barallete: unha das moitas xirias secretas que existiron no país. Aquí tedes a letra e unha tradución aproximada. Nos esquezades que aínda que existen dicionarios segue a ser unha xiria secreta e son moi poucos os coñecedores dos seus misterios.