O transporte de mercancías é unha das principais causas de introdución de especies foráneas en ecosistemas alleos que se ven radicalmente alterados pola súa aparición, reprodución e competencia coas especies autóctonas. Neste completo artigo da wikipedia en galego podes atopar moita información sobre as especies invasoras e máis en concreto sobre a protagonista do vídeo que compartimos: a vespa velutina nigritorax, unha vespa orixinaria de China que está diminuíndo as colmeas de abellas de Francia e de toda a cornixa cantábrica. Agora xa está aquí en Vigo. A finais do verán tamén a vin na parroquia de Padróns en Ponteareas. Parece que os avistamentos desta vespa empezaron o ano pasado, como testemuña esta noticia na prensa
A vespa asiática, tamén chamada: “a vespa asasina”
10 Novembro 2011 por iesbeadetv
Moi bo video, pero trátase dunha Vespa crabro, non a especie que mencionades.
Dúas curiosidades: cal é o nome do material sobre o que está pinchada a vespa? Parece un tipo de espuma, é así?
Qué software utilizades para a edición deste video?.
Norabóa pola web. Unha aperta.
Moitas grazas polos teus amábeis comentarios. Nestes momentos estamos cheos de dúbidas e non sabemos se é coma ti dis unha vespa cabro ou unha vespa africana. Dígoche isto último porque recentemente un experto apicultor veu para controlar a non proliferación do becho e isto foi o que nos dixo. De todos os xeitos para saírmos de dúbidas unha profesora de bioloxía levou un exemplar a un experto para a súa clasificación. En canto ao material sobre o que está a vespa non é máis que un anaco de espuma de embalar. O software que utilizo para a edición é o Sony Vegas pero Openshot de linux tamén vai ben para cousas pequenas. A cámara é unha canon 60D e o obxectivo é un macro que me prestou un compañeiro.