Son aínda poucos os Institutos que conten cunha parella de amigos coma estes. Se aínda non volos presentaron son os Mindstorm de Lego e aquí tedes unha pequena demostración do que son capaces de facer despois de programalos. Xa levan un par de anos connosco e era hora de presentalos en sociedade. Durante o pasado curso alumnado de 4º da ESO montaron e programaron os ollos de Lego Mindstorm para circular por unha liña. As aplicacións prácticas desta experiencia son infinitas.
Aquí se cadra son aínda pouco populares pero son moitas as facultades de enxeñaría que os utilizan nas súas prácticas de robótica. Youtube está inzado de vídeos que amosan as inacabábeis posibilidades destes robots. Poderedes ver un dos nosos preferidos aquí. Se tedes uns minutos non deixedes de velo. Toda unha fábrica de coches feita con robots de Lego; cunha versión máis primitiva así que imaxinade o que poden facer os nosos.
[…] incríbeis. Temos xa aberto neste blog outra experiencia fascinante no instituto que podes visitar aquí Non esquezas entreterte navegando polas ligazóns do texto. Se xa os coñeces por que non ves este […]