Ola, despois de moito tempo desaparecidos e moi conscientes de que vos temos abandonados, recuperamos a actividade coa tradución dunha das curtas de animación máis impactantes de youtube. Modestamente cremos que así poderemos recuperar o voso respecto e afecto.
A curta titúlase The Present e o seu autor é Jacob Frey Na anterior ligazón tedes información sobre a súa vida e o seu traballo e se a alguén lle interesa saber como se fai unha curta de animación ou chegar a intentar facer unha, preme aquí e atoparás titoriais para logralo. Só terás que descargar Blender que é gratuíto.
Moi importante, para poñerdes os subtítulos en galego tedes que premer na rodiña de configuración que aparecerá na esquina inferior dereita da pantalla onde se proxecta a curta e volver a premer esta vez en subtítulos. Dentro de subtítulos aparecerá a opción de galego por orde alfabética.
Deixar un comentario