Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for 11 Marzo 2019

Todos somos conscientes da importancia da educación e procuramos poñer medios materiais e humanos para que todo o mundo teña a oportunidade de acceder a ela.

Aspiramos ao máximo e sempre nos preocupa o fracaso escolar. Son moitos os expertos que traballan para evitalo e son moitas as razóns que o causan. Este vídeo explora algunhas como a falta de autoridade do profesorado, a sobreprotección paterna, as políticas educativas… Mírao e opina.

Moi importante, para poñerdes os subtítulos en galego tedes que premer na rodiña de configuración que aparecerá na esquina inferior dereita da pantalla onde se proxecta a curta. Dentro de subtítulos aparecerá a opción de galego por orde alfabética, despois premede esta vez en subtítulos.

Read Full Post »