Atrevémonos con todo. O profesor Avelino nunha arroutada de lucidez e libre exercicio da vella tradición galaica da retranca escribiu e cantou esta moderna regueifa (chamada agora polos nosos irmáns afroamericanos: rap) A estrea mundial coincidiu co entroido, moi apropiado, e o lugar foi o auditorio Martín Codax do Ies Beade entre o seguimento colectivo do seu ritmo con palmas e movementos acompasados de queixo.
Creo que non temos soporte gráfico do intenso momento aínda que desde a redacción da Televisión do Ies Beade indagaremos entre o público asistente para sabermos se alguén retratou para a posteridade tan histórico momento. Por agora deixámosvos unha gravación clandestina do grandísimo éxito.
Moi bo, Avelino. (Menos mal que o tomamos con sentido do humor).
Desculpa Elena pero Avelino non che ten tempo para contestar. Nós (o equipo editor da TV do Ies Beade) estámosche moi atarefados respondendo a buscadores de novos talentos interesados nunha promoción internacional do tema.