Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for 30 Outubro 2010

Curso rápido de Xhosa

Khaya, o autor do vídeo colgado máis abaixo,  explícanos con moita paciencia o xeito de pronunciar certos sons, chamados clics, que existen en máis de 30 linguas faladas no Sur e Este de África como a lingua K!ung. Algúns historiadores consideran que estas linguas poden ser as máis antigas das faladas aínda na Terra (se queres saber máis). Os científicos especulan coa posibilidade de que as palabras de linguas como o Xhosa que conteñen estes clics teñen uns 40.000 anos de antigüidade polo que nos remontamos a un período anterior á expansión desde África do ser humano moderno.  Algúns falantes ilustres serían Nelson Mandela e Desmond Tutu.

Advertisement

Read Full Post »