Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for 14 Outubro 2010

Compartimos un vídeo que pode ser de moito interese para coñecer a diversidade lingüística que existe aínda na Terra. Algúns lingüístas cren que os chamados click sounds son restos fósiles, vestíxios dun sistema de comunicación moi antigo. Daquela, as linguas africanas que aínda os conservan son para moitos as máis próximas ás  primeiras linguas faladas polo ser humano. O Vídeo consiste nunha clase urxente de Xhosa. A tradución é de Chema, un dos profesores do Departamento de Lingua galega. Sen ser unha tradución exacta cremos que é moi fiábel. Despois dalgún tempo e antes de colgalo aquí Chema volveu a escoitar o diálogo e cre que onde di: pecha ben a porta para que ninguén entre, debe dicir quizais: pecha ben a porta para que o ar non entre. Pide excusas porque non é un experto en inglés con sotaque sudafricano

Se queredes ampliar información sobre a diversidade lingüística facédelle unha visita a esta páxina: http://rossettaproject.org

Read Full Post »