Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for 23 Xuño 2010

Raúl Solla, alumno do instituto e figura-fichaxe do Obradoiro de Edición de Video do IES Beade, montou este video sobre fotos tiradas durante a viaxe de fin de curso a Italia. Excelente exemplo do que podemos chegar a facer desde a nosa casa cunha computadora. Sobran as palabras porque o vídeo ten unha excelente calidade e supoño que a todos vos inundan as lembranzas da convivencia. Nós non dicimos nada máis. Sería bonito que deixásedes os vosos comentarios porque moitas das fotos supoño que vos suxiren moitas emocións.

O Curso acabou. Subiremos ademais deste outro vídeo e até o curso que vén. Dádeme unha semaniña de descanso e subirei outra sorpresa. O ano que vén máis amigos! Grazas Raúl. Pasácheste, meu! O curso que vén seguimos contando contigo, eh? neno.

Read Full Post »